lunes, 12 de noviembre de 2012

Os comuneiros por un lado, a Xunta polo utro


Fai dous anos ante o eminente fracaso da construción dunha planta de biomasa no Barbanza, preguntábame aquí se aprenderiamos algún día dos erros cometidos?

En febreiro de 2006 o presidente e máis eu, en calidade de secretario, acudimos a unha reunión a Boiro, na que estiveron representantes de Siemens. Polos datos periodísticos que teño, houbo novas reunións, aínda que descoñezo se pola nosa comunidade acudiu alguén, si foi así, dende logo información non houbo.

Polo que poden ler nesta nova, cando se resucitou a fenecida Mancomunidade Serra do Barbanza, no ano 2007 parece que se lle expuxo a posibilidade de que se adherida, pero como sempre, a información aos comuneiros foi nula, téndonos que informar pola prensa.
La Voz de Galicia: Plan errado para aproveitar a biomasa forestal

Foi un plan ideado polos comuneiros, apoiado polos concellos e mesmo apoiado por unha multinacional, Siemens, pero Barbanza segue a día de hoxe sen central de biomasa e sen previsión de que vaia tela, polo menos, a medio prazo. Como noutros tantos proxectos, independentemente da súa necesidade ou viabilidade, a lombeirada da Xunta é fundamental e, neste caso, aínda non o obtivo.

Foi o presidente da comunidade de montes de Insuachán, Ramón Calo, o que puxo encima da mesa a posibilidade de construír unha central de biomasa en Boiro. O seu máximo obxectivo era pór freo aos incendios mediante a queima de restrollos e, ao tempo, sacarlle rendemento económico á limpeza dos montes.

A idea non tardou en alcanzar dimensións comarcais. Tal día como hoxe, no 2005, La Voz daba conta dunha reunión crucial que tivera lugar na casa consistorial boirense: «Siemens ve viable instalar unha central de biomasa en Barbanza». Técnicos da empresa multinacional confirmaran, con datos na man, que o volume de masa forestal existente na zona e a súa calidade facían factible a posta en marcha da planta.

O proxecto recibiu despois o visto e prace da mancomunidade Arousa Norte e incluso, en novembro do 2007, expúxose a posibilidade de que esta entidade e Serra do Barbanza unisen as súas forzas por vez primeira en favor dun obxectivo común.

Pero de nada serviron tantos apoios. A día de hoxe, os comuneiros seguen anhelando a posta en marcha dunha central de biomasa, aínda que todo indica que terán que esperar a que a Xunta conceda a lombeirada definitiva para que o proxecto empece a cobrar forma. Si se están levando a cabo na zona cursos relacionados coa biomasa forestal.

No hay comentarios: