domingo, 11 de noviembre de 2012

Aprende o que máis respecta


Cando no ano 2005 tomei a determinación de presentarme ás eleccións, despois de insistirme un amigo e comuneiro, fíxeno coa mente posta en poder levar a cabo varios proxectos na comunidade. Un deles era beber da experiencia que atesouraba a Comunidade de Montes de Baroña no canto da venda de leña aos comuneiros ou veciños. De feito un ano compraralle un tractor de latas de eucalipto que me custaran 90 euros.

Nunha das primeiras reunións cos seus directivos pediralles asesoramento, e Carlos Peón, o seu secretario por aquel entón, fíxome entrega dun CD no cal estaba a información que precisaba. O proxecto morreu aí, até que, sen aprobalo a Xunta Reitora ou a Asemblea, varios directivos decidiran contratar sen ningunha clase de seguro a dous veciños para cortar leña para tódolos comuneiros que a pediran, correndo a comunidade cos gastos.

Este procedemento aplicárono anos máis tarde cando unha cuadrilla de incendios rematara o contrato, escollendo tres a dedo, para eliminalos eucaliptos que xurdían espontaneamente fora dos seus dominios, levándollos aos comuneiros que os solicitasen. Tampouco contaran coa aprobación da Asemblea, a pesares de que os comuneiros corríamos en parte ou con tódolos gastos, tractor incluído. Isto sóubose porque cando renderon contas comunicaron que a experiencia fora un fracaso e que procederían a disolvela cuadrilla.

Obviamente como non fora aprobado en Asemblea, motivou a queixa con razón de varios comuneiros que foi acalada por algúns reitores. Ademais de cornudos, fomos abaleados.

Agora deron en aplicar unha formula que lles propuxen da primeira vez, logo de non facerme caso: que cada comuneiro fixese un aproveitamento da leña como antano, así á comunidade non nos custaría nada. O malo é que cando se fan as cousas sen senso, pode ocorrer de todo. Varios comuneiros solicitaron leña no monte, pero polo visto, non sei de quen foi culpa, deixáronlle pelado o agro doutro comuneiro. Se foi así, alguén terá que responder pola desfeita, máis agardo que unha vez más non sexa a comunidade.

Nesta comunidade aplican a súa particular forma que ben puidemos facer nós cando Tragsa rareou 9 Has. de eucaliptos, mais por non facerme caso, levounos o lume por diante.
Faro de Vigo: Poxa de lotes de madeira na Xunta de Montes de Moaña

A Xunta de Montes de Moaña celebra o vindeiro sábado, día 17, unha poxa de leña para comuneiros. Será no local de A Tioura, ás 10 da mañá. Trátase de lotes de leña do tamaño da carga do tractor da Comunidade, procedentes de traballo de mellora do monte. O prezo de saída por lote son 20 euros. A oferta presentarase en sobre pechado o mesmo día da poxa. O custo do transporte correrá por conta de cada comuneiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Siempre se hizo un aprovechamiento de leña del monte, unos nos dedicábamos a cortar pinos o eucaliptos secos y otros, preferían no trabajar tanto y cortar secos y verdes para completar un tractor o matraquillo.
Ahora para poder cortar un pino aunque sea seco, tenemos que contar con la autorización del guarda, si nos pilla nos puede multar, o de la directiva.
Cumple por lo tanto que el presidente, como máximo responsable de la comunidad explique que pasó con la propiedad de este vecino y quien autorizó esas cortas, para dirimir las posibles responsabilidades en caso de que el perjudicado, yo lo haría, solicite que se le reembolse, previa tasación, el valor de la madera.