miércoles, 31 de octubre de 2012

Isto si que é coherencia

Novos "supereólicos" nos montes de Xuño
Non compartindo as formas da vogal de Noalla (Sanxenxo), é preciso resaltala súa actitude ao dimitir polos feitos acontecidos, xesto que a honra. O problema e polo que ninguén dimite, é que ás veces algúns directivos pasasen polo “forro” a legalidade vixente e a opinión dos comuneiros e vogais, da que por desgraza a nosa comunidade non se salva.

Vexase se non o caso máis flagrante onde presidente autoriza a Medio Rural, co visto e prace do resto de directivos -o que cala outorga- cruzar con unha pista as propiedades de varios comuneiros -entre eles meu pai-, e non se lle ocorre outra cousa que cesarme, por non calar antes esta cacicada, unha vez que tiven coñecemento dos feitos.

Outro exemplo, xa trocando de asunto, pero ao fío da noticia. Mentres aquí temos un acordo asembleario que obriga á directiva a pedir presupostos a varios contratistas para as distintas obras que se fagan na comunidade, seguimos coas adxudicación dixitais. Sen embargo a actitude dos comuneiros e comuneiras de Noalla, deberíanos facer reaccionar.

Algún vogal ou comuneiro sabería precisar cantos presupostos de obras e traballos forestais que fixo a comunidade, foron presentados e aprobados na xunta reitora ou na asemblea xeral, excluídos os bancos da igrexa e o primeiro presuposto do local social?
Diario de Arousa: Unha vogal dimite tras chamar “ditador” ao presidente dos comuneiros de Noalla

O presidente dos comuneiros de Noalla viviu na mañá do domingo uno dos momentos máis amargos desde que accedeu ao seu cargo, hai xa algúns anos.

É un membro do seu equipo directivo, unha vogal suplente, aproveitou a asemblea ordinaria para ler un comunicado ante os 79 comuneiros que asistiron á cita para explicar os motivos que a levaban a presentar a súa dimisión, que se poden resumir en fortes discrepancias co presidente. A Roberto Garrido dirixiulle cualificativos como “ditador”, e ao resto de membros da xunta directiva tachounos de “monigotes”, por deixarse “mangonear” polo presidente.

A intervención desta muller recibiu apupos dalgúns asistentes, por considerar que o ton no que se dirixía á directiva da Comunidade de Montes non era demasiado respectuoso.

Onte Roberto Garrido evitaba facer ningún tipo de declaracións sobre o ocorrido e delegaba no secretario da Comunidade, quen achacaba a “cuestións persoais” o posicionamento da de, até o domingo, membro da xunta directiva. E é que o parentesco da muller coa actual concesionaria do bar da Comunidade pode ser a causa de que as relacións co resto dos seus compañeiros de directiva se haxan enrarecido, aínda que onte ninguén confirmaba que esta fose a razón.

No seu comunicado, a vogal reprochaba ao presidente o seu “afán” por apagar as luces da Casa Forestal, sobre todo as do exterior. Este foi un dos puntos nos que maiores apupos recibiu. Onte mesmo o secretario da Comunidade aseguraba que o gasto en subministración eléctrica supera os 5.000 euros anuais, “un gasto que temos que baixar como sexa”, afirmaba, e así o fixo saber aos comuneiros asistentes.

Este non foi o único momento de tensión que tivo que vivir Roberto Garrido o domingo.

Cometeu algún erro e os comuneiros asistentes non estaban dispostos a deixalos pasar.

E é que a directiva levaba, entre as propostas de actuación, a mellora dunha parte exterior da Casa Forestal. Nesta pequena superficie pretenden botar un piso de formigón e logo empedrar. No futuro o obxectivo é instalar un parque biosaludable que permita aos maiores do municipio realizar os seus exercicios físicos e dispor dunha zona máis de lecer, que se sumaría ao ximnasio do que xa dispón a Casa Forestal.

Con todo os comuneiros que acudiron á asemblea non estaban dispostos a aprobar unha actuación tan ambigua e pediron concreción.

Así, a xunta directiva deberá agora pedir varios orzamentos e sometelos de novo á consideración dunha nova asemblea, que con toda probabilidade terá lugar antes de que conclúa este ano.


Dos 312 comuneiros de Noalla, asistiron 79 á asemblea do domingo, fronte aos 179 que acudiron á cita na que se renovou a directiva. Tanto o estado de contas como a acta anterior, foron aprobadas por maioría esmagadora dos asistentes á reunión.

No hay comentarios: