![]() |
Certificación dunha comunidade de montes Abaixo o documento de compra-venda |
Ben, seguindo co resumo, un día, o tan citado vogal, chámame para preguntarme se o podía levar á notaria para procurala copia do documento. Dito e feito, vamos ao Son e mentres agardo, sobe á notaría e recunca co papel, do que logo facemos outra copia.
Foi chegar á casa, léela, e quedar abraiado: non era un documento de compra-venda a favor da comunidade, se non unha doazón a nome de seis directivos, e aí ben o que con tanta insistencia afirmaba o vogal, de porque non se podía vendela leira e o local: "la donante prohibe la enajenación de las cuotas de los donatarios y la de su primera generación de descendientes". Os que entendan de dereito saben o que iso significaba. O que merca con diñeiro que non é seu non diga que merca senón que vendeu.
Por outra parte, seguramente tamén se deron de conta, o notario non lle dou a copia por ser testemuña, se non porque era un dos copropietarios, aínda que en realidade el non se decatou até que o advertiu a súa dona cando, coma min, abriu o documento. De aí que máis tarde me volvese a chamarme para preguntarme se tamén me dera conta.
Agora veñen as preguntas e as dúbidas:
- Se se había aprobado comprala leira, na acta que refiro recollese claramente que a propietaria "vendeu", e que por tal motivo tivo un aumento de capital, como era posible que o documento fose escriturado como doazón, non á nome da comunidade, se non de varios dirixentes? Nel, si, recollese o seu valor a efectos fiscais, 851.000 ptas., pero non di que en realidade esa foi a cantidade que con fondos da comunidade se pagou á presunta doadora.
- Sabía o notario que estaba ante unha compra-venda, e non lle tremeu o pulso falseando fehacientemente un documento oficial?
- Foi el o que lles dixo que había que facelo como doazón e non coma compra-venda? Pregunto isto, porque anos despois foi o que declararon ante un xuíz.
Obviamente levamos a copia da doazón para que se dese unha explicación convincente aos comuneiros, posto que para nós estaba claro que legalmente a leira non era da comunidade. O que veu logo é difícil de explicar por moitas entradas que escriba. Mentres os comuneiros neutrais, os que non tomaban partido pola directiva ou polos críticos, non entendían nada e querían saber quen tiña razón, outros, xunto coa maioría dos vogais, de vinte tantos, quince ou dezaseis, decantáronse claramente polo directivos.
O único que pretendiamos era que a directiva, os críticos, e os comuneiros que o desexasen, acudir ao avogado da directiva e que fose este o que explicase, se o documento á vista dos fondos pagados pola comunidade, tiña que ser de compra-venda a favor desta, ou por imperativo legal, tiña que ser como doazón a nome dos directivos. Outra cousa era que non houbésemos pagado ren, entón si, podía ser legal, pero de aí a construír na súa propiedade había un treito: o que ten fillos na muller allea, perde fillo e feitura.
Entre outras cousas isto é o que reflicte a acta: "El presidente pide silencio, porque se forma un gran tumulto de voces, donde dice a los 3 señores mencionados que él, se comprometía a traer el notario que había hecho el documento y un abogado para que diera explicación a la gente, si es falso como ellos lo pronuncian o legal, con las siguientes condiciones: -dice el presidente-, los gastos que se ocasionen los pagan las personas que constan en el documento y si es legal, los gastos que se ocasionen los pagaréis vosotros; puesto que sois los responsables de decir que ese documento no esta bien hecho.
Los comuneros todos quedan satisfechos de las palabras que pronuncia el presidente"
Esta claro que quen ten a tixola pola man dálle a volta á tortilla e isto é o que pasa coas actas. Daquela, coma hoxe, a directiva recolleu as intervencións que lle interesou e censurou a dos críticos. Que un debate de hora e pico, se resuma tan só en 529 palabras e todas favorables á directiva, di pouco da imparcialidade de quen tiña que dar fe.
Por exemplo nela non poderán ler esta intervención do portavoz dos críticos: "Que veña aquí o letrado, que para iso lle pagamos. A comunidade ten un letrado señores. Ten un avogado, que veña o avogado". Ou por exemplo a resposta dun vogal a esas verbas: "Iso no vale nada hostia. Agora traer o notario, se está ben o papel, pagades vos. Si está mal, págao el (presidente) do seu peto, e... do seu peto".
Se nomeo a intervención deste vogal, é porque anos despois, a súa dona, que daquela non acudía ás reunións e polo tanto, só podía ter unha versión segada do que acontecía, acusoume de ser o culpable de que non se fixera o local. Que se diga que un comuneiro foi quen de paralizar por un feito puntual a unha comunidade de case 300 veciños, di pouco de quen que fixo esa acusación e dos que calaron cando a escoitaron.
O certo é, que a pesar do que consta na acta, XAMAIS trouxeron ao notario e ao avogado a unha asemblea para dirimila verdade, e ningún comuneiro dos que presuntamente quedaron satisfeitos co reto que nos lanzou a directiva, preguntou NUNCA MÁIS porque non viñeron. Todo o contrario, os vogais foron citados á semana seguite para:
- Tomar acuerdo con los vocales para llevar a cabo la construcción del local social de montes.
- Tomar medidas por parte de la junta rectora, con respecto a los comuneros críticos..., siendo las tres personas que en ninguna asamblea respetan el orden del día.
Faro de Vigo: O comuneiros de Catoira... Inician un proceso de permuta de terreos para recuperar chan usurpado á comunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario