miércoles, 18 de abril de 2012

Se queremos, podemos


Gustaríame comezar este novo blog con outro tipo de crítica e un cartel menos cruel, pero as cousas non son como un quere que sexan, se non como no la presentan os que teñen nas súas mans poder evitar todo isto, dun xeito máis racional, aínda que hipocritamente chamemos irracionais aos animais.

Mentres estes días todo mundo deu en criticar outro tipo de matanzas moi máis afastadas, as que se están cometendo ante os nosos ollos apenas teñen repercusión mediática. O curioso e que unhas e outras fanse, segundo din, para preservala especie. Aló din que grazas ao que pagan os asasinos por desfrutar da súa sanguinaria acción, poden conservalos parques. Aquí nun caso din que asasinan os lobicáns para preservala pureza do lobo, e no outro, porque disque hai demasiados.

Para min tan asasino é o que mata un elefante, un cervo, un lobo, etc, por moito que alguén teña sangue azul, use toga ou sexa de aldea. Tennos que quedar ben claro que todos son animais e non vale de nada que defendamos uns polos outros.

Pouco más que engadir, nestas entradas na anterior dirección xa o deixei ben claro: Non quero ser cómplice e Sigo sen ollalo claro

Sobre as matanzas de aquí, outra xente e colectivos pensan en termos parecidos:

CARTA: Contra a matanza de lobos, legal e ilegal, que se está cometendo na Serra do Barbanza (A Coruña)

Asasinos de lobos no Barbanza (IV): orellas marcadas

No hay comentarios: