sábado, 16 de julio de 2016

Quen daría o visto e prace a este peche?

Á vista das fotos que achego, que xa de por si son un atentado aos bens comunais asáltame unha dúbida, cando a empresa responsable de facelo peche nos planos xa contemplaba usar como soporte do aramio os carballos e pinos co fin de aforrar postes?

Quero pensar que o proxecto non se presentou así, porque se non vaia desidia do responsable da comunidade e da empresa que o elaborou, mais se contemplaba a colocación dos postes regulamentarios, pagóuselle igual sen supervisalos traballos?

Se Castelao levantase a cabeza, correría a fungueirazos a quen permitiu todo isto.

Neste eucalipto aínda se divisa a grapa que usaron para fixalo aramio, polo que se intúe que nos outros, aínda que ao engordar non se vexa fixeron o mesmo.

No hay comentarios: