viernes, 16 de enero de 2015

Ser un bo presidente implica saber respectalo monte

Catro imaxes da desfeita de este presidente que sufrimos e presume de ecoloxista, permitiu facer nestes castiñeiros plantados polo finado de tio José do Patrón ao que algunha xente non lle pasou unha a pesar de saber que non collera ren da comunidade, se non que aínda perdeu cartos, e puido perder os que adiantara a uns traballadores/as, ao non permitirlle cubrilas desercións.
Outro claro exemplo de desidia pódese observar ao longo de este peche.
Ollando o maltrato que sufriron os primeiros castiñeiros e dado que non se mira polo resto, temo que a estes non lle den o tratamento adecuado, como é podar esas ramas desgarradas e os traten, para que non lle entren pragas.
Dado a hora que rematei de sacalas fotos para esta entrada, non puiden fotografar varios pinos que foron feridos nesta corta. Non se entende porque non os cortaron, cando si cortaron outros con menos diámetro.
E por último outro claro exemplo de como alí onde hai castiñeiros, que ademais de que as castañas servisen no seu día de comida para os porcos, manteñen o monte limpo. aínda que este ano, sen saber o por que, porque os comuneiros fai tempo que non decidimos nada, os porcos non estiveron aquí.



No hay comentarios: