Roberto Garrido, presidente da comunidade de montes |
Nin nos escritos que expoñía publicamente nos taboleiros da parroquia, nas asembleas, ou neste blogue, insultei a ningún directivo da comunidade, a pesares de que algúns si me descualificaron. Nuns casos constan en acta e noutros, por sorte, están gravados. Neste último caso emitidos por parte de quen pensei que era un amigo e que está onde está grazas a aquela lista, que maldito o día que accedín á elaborar.
Diario de Arousa: A directiva dos comuneiros estuda accións legais contra quen lles difaman
A última asemblea da comunidade de montes de Noalla resultou convulsa. O presidente, e algúns membros da xunta directiva, foron obxecto de insultos. Pero non era a primeira vez. Antes da asemblea apareceron na parroquia carteis e panfletos con descualificativos cara a persoa do presidente dos comuneiros. Poderían non estar relacionados, pero a directiva puxo a disposición do seu gabinete xurídico todas as probas das que dispoñen para analizar se poden interpor algún tipo de acción legal.
Desde a xunta directiva aseguran non estar dispostos a tolerar faltas de respecto, “a honra e a dignidade das persoas que traballamos altruistamente para o beneficio dos comuneiros e fregueses de Noalla, valores que nesta xunta reitora non só temos moi en conta senón que enxalzamos en todo momento”.
A xunta directiva confía en que todo quede resolto e poder continuar traballando con total normalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario