jueves, 23 de agosto de 2018

Antes calastes e agora anonimamente esixes?

Ao contrario que en tempos pasados, cando resultei elixido como secretario, dez días antes da celebración das asembleas para que puidésedes comprobar con máis tranquilidade os puntos a debater e ter acceso a calquera documentación (documentación, facturas, etc), abría o local para que non vos pasaran ás miñas, Antonio e ao finado de Juan, como foi esixirnos ese Imposto revolucionario (máis ben debería dicir "roubo") porque os Estatutos mon mencionan que haxa que pagar ren. Despois da miña saída volveron os tempos escuros á comunidade, até que o actual secretario seguindo o meu exemplo volveu a abrilo cumprindo os mesmos requisitos e incluso agora ábreo tódolos sábados. Sabes canta xente se achegou?... ningunha!!!. Na mesma asemblea un comuneiro puxo en dúbida unha factura qu reflectía o estado contas, disipándolla expoñéndoa na pantalla que usamos para que estas sexan máis didácticas e amenas.

Agora que todo é "gratis" unha señora que acude por delegación é a primeira en correr a facerse con papeis, non vaia a ser que quede sen eles, cando os demais agardan polo reparto nas súas cadeiras, seguramente se os tivese que pagar como nos fixeron os seus familiares non correría tanto e logo os malos naqueles tempos como reflectiron nas actas que falsearon eramos os compañeiros da oposición "Antonio, Juan Manuel (q.e.p.d) e quen subscribe".

Arriba tes as probas de como simplemente "roubáronnos" por exercelo noso dereito a recibir información veraz, neste caso simples actas, xa que o resto de información foinos denegada, mentres aos que comungaba con moas muíño e lles rendían preitesia para poder cobralas 230.000 ptas., do reparto ilegal en vez de cobrarlles como a nós, que seria o máis xusto cobraban da comunidade para que non se lle descubrira a allada, ou simplemente porque lles foran á chepa!!!
Tan complicadas serian as preguntas que lles fixen que tiveron que recorrer ao avogado que os asesoraba?
No outro blogue teño un enlace directo ao da comunidade que creei no seu día, onde o fillo fixo unha serie de melloras entre elas creando o diario onde da conta das saídas que actualiza cada día salvo que falle na sincronización co móbil, en canto aos gastos do combustible como se paga a través da tarxeta van especificados no Estado de Contas, polo que terás que acudir ás asembleas, porque se te identificaras incluso podíache mandar a información que reclamas ao correo electrónico, sen custo ningún... os tempos escuros remataron cando fun o secretario e agora co fillo que como non podía ser doutra forma segue o meu exemplo.

Antes de que se me pase o mesmo día da Patroa estando a tomala sesta, veu o presidente da comisión buscalo porque quedou sen corrente e non podía arrefrialas bebidas, esa é a mellor proba que amosa que é malo falar de máis, aínda que máis ou menos os que pasaron pola entrada intúen con que intención tiráchela pedra agochando a man!!!

miércoles, 15 de agosto de 2018

Inxuriando dende o anonimato con mentiras

Anónimo dijo... 29 de julio de 2018, 22:56
Tamen o coche da comunidad é para servicio da Comunidade de veciños, non para uso personal nin para andar de verbenas, qe os gastos do coche pagamolo os comuneiros.


O motivo desta entrada é para dicirche que se a Comunidade colabora coas festas que se celebran no local (entroidos, festas da catequese, verbenas, chocolatadas,...) o normal é que o secretario (ou quen se preste da directiva) use o coche da Comunidade o necesario para axudar, que ao final vén sendo un servizo aos veciños, como dis ti que é o cometido.

Como xa che responderon noutro comentario, cando ese mesmo coche estaba aparcado nun restaurante (hai uns anos xa respondín a outra anónima algo ao respecto noutro blog), non sei se o viches ou igual para ti estar de bares non era uso persoal. Vouche dar detalles para que tomes nota:

Dese restaurante en cuestión (pero tamén doutros da zona) hai facturas de comidas e bebidas (incluídas alcólicas de etiqueta negra) á conta da Comunidade. Unha desas comidas foi un banquete para invitar á arquitecta que fixo o derradeiro plano do local (ese que nin se poxou nin se aprobou en Asemblea Xeral, detalle que por descoñecemento se lle pasou ao Presidente na Asemblea do 29 de xullo, cando lle dixo ao construtor que o seu presuposto non fora o máis barato). Apuntar que cando se fixo o primeiro proxecto, sendo eu secretario, era aquel que só se ía facer o baixo con placa e pasou os trámites necesarios. Este último non, tal como se pode ler na acta daquela asemblea exposta na entrada que comentaches, acta a cal, incomprensiblemente, non levantei eu. Ben me alegro de non facelo, pois seguro que habería quen pensase que a falsearía, como pasou en directivas precedentes.

Volvendo a ese "banquete", fun invitado pero declinei a invitación pois non me parecía razoable. Alí había outro paisano máis, que supuxen sería parella ou amigo da arquitecta, pois doutro xeito non entendo por que estaba tamén a comer. Cómpre recordar que ela cobrou a súa minuta, nada barata, como para darlle de comer a conta da Comunidade.

Agora paso a expoñerche por que o secretario (meu fillo, aínda que xa o debías saber), esta presente nas verbenas, que non é mesmo que andar a elas. Un dos motivos é o apoio loxístico da Comunidade e outro é por culpa dun dos erros detectados na revisión do local por parte dun arquitecto ao que houbo que chamar para poñer todo en orde, non por capricho da Xunta Reitora como algunha xente pensa, se non para poder legalizalo, cousa que quen tiña que facelo ben de primeiras pasou de todo e incluso ignorou os requirimentos que se lle fixeron do Concello. As présas electorais non son boas.

Entre as irregularidades detectadas (que xa veremos quen corre cos gastos de arranxalas) está que o cadro do diferencial eléctrico está na oficina, pechado entre catro paredes, cando ese cadro por seguridade tiña que estar onda a porta principal ou nun lateral sen ningún tipo de obstrución. Se pola carga das neveiras salta o diferencial, alguén ten que abrir a oficina e repoñer a corrente. O responsable da documentación que se garda na oficina é o secretario e non lle pode deixar a chave a ninguén nin deixar aberta a oficina para a comisión de festas, os cales non poden estar a todo e ter conta do que pasa dentro do local ou na oficina.

Sempre hai xente disposta a facer mal: nunha festa pasada verteron todo o deterxente de fregar na papeleira do aseo feminino, sendo que esa botella estaba no armario da limpeza do aseo masculino. E tamén hai xente dada a lanzar falsas acusacións do que pasa (ti por exemplo) e de aí que estea un pouco a controlar que non falte ou pase nada. Outras veces revisa o campo da festa decotío en busca de vidros rotos, vasos ou botellas para evitar accidentes nos máis pequenos. Víchelo gozar da festa coma todos?

martes, 12 de diciembre de 2017

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Debido á información que se vai expor nesta Asemblea Xeral e os puntos a tratar e moi recomendable acudir á cita (de feito é imprescindible acudir a todas).

Sempre é mellor escoitar aos propios xestores da Comunidade que que volo conte un intermediario.