viernes, 25 de septiembre de 2015

Aínda que non se cumpra a Lei, para papar hai xente

Señora Rosa Quintana, Conselleira do Medio Rural, levamos máis de DOUS ANOS E MEDIO, sen celebrar unha Asemblea Xeral e a vostede o único que lle interesa e vir comer uns anacos de porco que presuntamente se criaron no noso monte, antepoño o de presunto porque se os pobres animais son nosos e non celebramos ningunha asemblea onde aprobásemos esa exaltación, á vista dos Estatutos do que se garda orixinal na súa Consellería, non estaría vostede apoiando unha presunta ilegalidade?

Na súa Consellería teñen que estar de volta e media que a comunidade leva todo este tempo paralizada, porque cada ano no mes de maio ou así se facía nos dous anos que fun o secretario, témolles que remitir copia do censo actualizado e nese tempo non se actualizou, polo que baixo o meu punto de vista a Consellería non está cumprindo o seu cometido.
Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- La ratificación o revisión de las admisiones y bajas practicada anualmente, con carácter provisional, por la Junta Rectora.
- Aprobar los presupuestos y el balance o cuenta anual.
- Aprobar el otorgamiento de cesiones, arrendamientos, planes de aprovechamiento y toda clase de contratos con terceros...
Este ano dado o fracaso estrepitoso de hai 2, alguén encargoulle organizalo evento a unha empresa foránea polo que estariamos ante un contrato con terceiros, que como ben indica o citado artigo, esta exaltación debería ser aprobada con anterioridade pola Asemblea Xeral. Unha Comunidade Montes en contra do que pensan algúns dirixentes, o presidente de quenda non pode aprobar todo o que lle apeteza a el solo ou co resto de directivos e vogais, que disque non foi o caso, como pode facer un alcalde se ten maioría co seu equipo. En Nebra algún pensa que é o alcalde, e non un simple presidente dunha comunidade.

Noutras cuestións sei ben que a Consellería non pode actuar de oficio, mais se como neste caso, vostede asiste a un evento NON organizado pola Comunidade, coido que debería tomar medidas dado a paralice que sufrimos por deixades de funcións de quenes superaron con creces o seu mandato, dado que as últimas eleccións celebramolas no ano 2009. Algo que tamén ten que constar na Consellería que vostede dirixe.


No hay comentarios: