lunes, 17 de agosto de 2015

Aquí non nos pasaron o rolete, senón a apisoadora!!!

Recorte dunha pregunta da entrevista de La Voz de Galicia a Luis Oujo alcalde de O Son.

-Como afronta o inicio deste mandato no que gobernará coa maioría absoluta?

-Con moita máis responsabilidade e con máis traballo porque non quero que ninguén pense que vamos a pasar o ródello como se di, ao contrario, a nosa intención é chegar a acordos coa oposición. Estamos dispostos a colaborar polo ben dos veciños, as portas están abertas xa que todos navegamos no mesmo barco. Eu tamén agardo que esa colaboración que ofrecemos á oposición sexa correspondida.

Seguramente algún grupo da oposición dirá o contrario, e alí onde gobernen os seus a oposición dirá o mesmo. Porén un alcalde se conta co apoio do seu grupo e ten maioría absoluta pode facer dentro da Lei o que lle «pete». Non é así o presidente dunha comunidade de Montes que por moito que estea rodeado de «caladiños», expresión moi usada no Nordés do BNG do Son, para referirse aos edís do PSOE, sendo alcalde Antonio González e logo de Quintáns, panfleto que a maioría das veces, curiosa casualidade redactaba o señor Suárez?.

Quen llo ía dicir que co paso dos anos e con un chisco de poder, ía ter que apoiarse en xente que non foi quen de facerlle fronte, nin defenderon a quen tratou de levar a Democracia e Legalidade á Comunidade.

Cantos comuneiros e comuneiras do Barbanza aguantarían que perante máis de DOUS anos, nos convocasen a unha Asemblea Xeral, nin en todo ese tempo lles desen as contas? Porén o que máis me estraña é que a Consellería do Medio Rural, non tomase medidas, porque cada mes de maio a Comunidade ten que remitirlle o censo anual, ou así mo reclamaron cando eu era o secretario e tíñamos na Consellería un goberno «amigo».

O mesmo que me fixo o Distrito, que como o presidente non lle collía o móbil, xa que o tiña máis para uso persoal, ameazáronme con denunciarnos, porque logo de aprobar unha cesión non lle entregara a certificación do aprobado, porque o presidente aínda non ma asinara e sen embargo na cesión que lle fixeron no monte a uns gandeiros, que non pasou pola Asemblea, no foron tan pulcros, ou coma cando nos cruzaron o agro con unha pista.

Claro que se a Consellería cumprise co seu papel de ter o censo no seu poder daríanse de conta que cando presuntamente aprobaron meternos na aventura dos porcos, que nesa Asemblea non houbo quórum e polo tanto o acordo era nulo de pleno dereito... salvo que falsificasen a certificación e na Xunta interesase máis «chupalos» cartos de Europa que reclamala legalidade.

No hay comentarios: