sábado, 20 de diciembre de 2014

Nesta acta foron a máis e ousaron implicar á Xunta para deixarme quedar mal na parroquia, e lográrono!!!

Fai uns día tiven unha amena charla con un veciño que nos apreciamos mutuamente. Comezamos a falar do tema de moda: a «corrupción». E logo fixemos unha similitude de como nos trata o impresentable do presidentiño que nos desgoberna, xa que consideramos que ten secuestrada á comunidade, porque a estas alturas segue sen celebrala Asemblea Xeral Ordinaria, que estatutariamente e por Lei tiña que convocar dentro dos 6 meses do peche do exercicio económico ou o que é o mesmo, no mes de xuño; seguimos sen aprobalo censo que tiñamos que aprobar en xaneiro; e como e onde gastou os nosos cartos, que ollando o que hai, parece que son solo seus, xa que non constan aprobacións da Asemblea, e polo que sabemos, presuntamente nin polos vogais. Se isto último é grave o primeiro é moito máis, incluso penal.

E de aí pasamos a falar doutras exdirectivas, xa que tanto el coma eu non lembramos que ningunha fose tan ousada. Houbo unha que se atrasou, mais foi por forza maior e porque aínda que parece que todo o mundo o esquece, pero este amigo si que o lembra e iso que daquela non acudía ás asembleas, que houbo outro grupo crítico no que eu non estaba, que sen vir a conto puxo pexas no camiño, como impedir cubrilas dimisións sufridas como foi na de tío José do Patrón (q.e.p.d). Tanto el coma eu coincidimos que dentro do seu
«analfabetismo» foi claramente o mellor presidente que tivo a comunidade.

Curiosamente foi o único ao que lle auditaron as contas. Como ían ousar facerlle o mesmo aos compañeiros de partido? a pesar de saber, tal e como se pode comprobar in situ no cemiterio, que non collen os panteóns que disque ían coller, cuxa cantidade lembra este veciño tal e como reflicte esta acta.

É certo que fun crítico coa directiva que o precedeu, mais aínda que só gañase unha demanda as outras perdinas en base as actas falseadas, testemuñas falsas e porque o xuíces non foron ao fondo da cuestión. Por iso hoxe saco esta á luz, xa que esa asemblea tamén foi usada para por aos comuneiros na miña contra, polo que non dubidaron en implicar á Xunta, aínda que na acta mencionaron ese suposto censor xurado, en realidade os censores eran eles.

Outra cousa que se «tragou» a secretaria, foi que o motivo polo que non me consideraban comuneiro, era porque non me dedicaba a agricultura, cando a maioría dos que estabamos alí por ese regra de tres, comezando polo presidente que era condutor da motobomba do Concello, non cumpríamos ese requisito. Ao lembrarllo foi cando sacaron o tema dos censores xurados. Aínda que XAMAIS se atreveron a expulsarme, ningún comuneiro ousou preguntarlles se a Xunta de Galicia lles dixo iso, como me permitían estar presente nas asembleas, para segundo eles, seguir armando «follóns»?

Cando tiven coñecemento de que constaba en acta, pedín explicacións á Xunta. Notandose claramente que eran afíns ao partido, porque non me contestaron á primeira véndose obrigados a facelo cando lles aportei a acta. Porén foron máis consecuentes que o bipartito, posto que Medio Rural, XAMAIS me contestou ao roubo que lle inflixiron a meu pai (q.e.p.d) no agro.

No hay comentarios: