miércoles, 19 de febrero de 2014

Parabéns Martiño e Cecilia, pola vosa honestidade


Coa que está caendo cos casos de presunta corrupción, subornos e aceptación de agasallos, na trama Pokemón, onde non se salva da «queima», segundo a Xuíza, e o grado de poder, o PP, PSOE nin o BNG, dá que pensar que clase de dirixentes políticos poñen estes partidos ao fronte das súas candidaturas.

Que desta «maraña tecida maxistralmente» só se salve o alcalde de Teo, Martiño Noriega «ANOVA», e esta concelleira do Concello de Santiago, Cecilia Sierra «PP», xunto con outro compañeiro do que non transcendeu o seu nome, lévame a manifestar que salvo honrosas excepcións, parece que hai xente na que se pode confiar, independentemente do seu ideario.

Este xeito de facer agasallos de forma altruísta?, faime retroceder 8 anos, cando aínda sendo secretario da comunidade, un empresario fíxome entrega de varias caixas de viño para repartir cos excompañeiros.

Nese intre veume á memoria un ruxe-ruxe que correra no ano 1992, con motivo de que a Comunidade retirase 50 millóns de Ptas., dun banco para ingresalos noutro, o cal por esa época agasallaba aos clientes con 1 báixela.

Repito, foi un ruxe-ruxe, que espallaron varios comuneiros e comuneiras, aínda que a primeira vez que tiven coñecemento dilo, foi en Ribeira, mediante unha persoa non vinculada coa comunidade, que tamén me preguntou, como era posible que a Comunidade ingresase os cartos nun banco que nos ofrecía un 7%, cando outro ofertábanos un 8%.

Un 1% parece insignificante, mais nesa cantidade a diferenza foi perder 5 millóns. Como dicía o raposo: galiñas ser serán, mais a min chéirame a can!

O peor é que aos vogais ocultóusenos esa oferta, e cando conseguín o documento e inquirín aos directivos, a secretaria negou ter coñecemento, aínda que cando lle amosei a carta díxome que a ela entregaranlle un sobre, pero que non o abrira. Como o tema "cheiraba", por isto e por outras cousas puxen unha denuncia despois de que o fiscal non me fixese caso.

Para eludir responsabilidades declararon ante o Xuíz que rexeitaran a oferta dese banco por estar... en Noia. E ao Xuíz valeulle. Sen embargo noutra demanda e co mesmo Xuíz, valeulle tamén que por pedirlles varias actas, neste caso foran deixarlle o "negocio" a un establecemento de Noia. Así puideron xustificalas dietas cargadas, máis os gastos do taxi.

Xa ven, deixar volatilizar cinco millóns por non favorecer a un banco de Noia?, foi normal, ir facer fotocopias a unha libraría de Noia, en detrimento das do noso Concello, tamén? Algo non concorda, verdade?

Retomando o tema das caixas de viño, negueime en rotundo a quedarme con unha sola botella, a pesares da oposición nun principio, de 3 directivos e por último do presidente, que tentou convencerme de quedarnos coa metade e logo sortealo resto entre os comuneiros. A miña resposta incontestable dende un principio era sortear tódalas caixas, como logrei ao final.

Desde esa non teño coñecemento doutros agasallos, a pesares de que a empresa segue a traballar no monte, sen que a asemblea xeral aprobe nada.
La Voz de Galicia: O alcalde de Santiago, os seus dous predecesores e outros oito edís recibiron agasallos de Vendex

O grupo empresarial da trama Pokémon agasallou tamén por Nadal aos rexedores de Boqueixón, Ordes e Teo, pero este último devolveu o presente, do mesmo xeito que unha concelleira compostelá

Un informe do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) incorporado ao sumario da operación Pokémon revela que once concelleiros de Santiago recibiron, supostamente, agasallos do Grupo Vendex entre o Nadal do 2008 e do 2011. Na lista de cargos públicos que aceptaron presentes figuran políticos populares, socialistas e nacionalistas. Están aí o alcalde da cidade, Ángel Currás; o seu antecesor, Gerardo Conde Roa, tamén do PP; e o predecesor deste último, o progresista Xosé A. Sánchez Bugallo.

A relación de edís agasallados complétana unha do BNG, Socorro García Conde, hoxe xa fora da política por decisión propia; outro do PP, Adrián Varela; e seis do PSOE: Mercedes Rosón, Marta Álvarez-Santullano, Bernardino Rama, Guadalupe Rodríguez, Rosa Fernández Somoza e Andrés Fariña. Como a ex do Bloque, estes tres últimos non forman parte da corporación actualmente.

Nalgúns casos, o dossier do SVA non indica que tipo de agasallos obtiveron os concelleiros nin o seu importe. Noutros, en cambio, especifica ambas as cousas. E nos demais, só unha delas. Por exemplo, os axentes conclúen que Álvarez-Santullano recolleu un por valor de 600 euros no 2008, un portadocumentos Tous de 99 euros no 2011 e senllos presentes sen taxar nin precisar no 2009 e o 2010. A Rosón constan, supostamente, tres agasallos por importe 539 euros; a Guadalupe Rodríguez, o mesmo número, pero por 368; a Rosa Fernández Somoza, dous por 300; e a Socorro García, outro par por 290. Dos de Bugallo, Rama, Fariña, Conde Roa, Currás e Varela non se concreta nada.

A policía tamén describe no seu traballo como Vendex enviou a finais do 2011 un bolso de Purificación García de 188 euros á actual concelleira de Facenda, Cecilia Sierra (PP), pero esta devolveuno. Igualmente, certifica agasallos da polémica empresa a outros 16 traballadores e ex empregados do Concello compostelán, entre eles, o policía José Antonio Carril e os imputados por Pilar de Lara Rocío Montañés, Román Otero e Ángel Espadas.

De acordo co acreditado no sumario, na contorna da capital de Galicia tamén foron agasallados o hoxe ex alcalde de Boqueixón, o conservador Adolfo Gacio; o rexedor de Ordes, o independente Manuel Regos; e o de Teo, Martiño Noriega (Anova), quen rexeitou a dádiva. Así mesmo, aparece na relación Ovidio Rodeiro, antes concelleiro en Boqueixón e agora director xeral de Xuventude.
El País: A corrupción que naceu nun bordel

«Vía V»: Liñares recoñece que foi subornado con diñeiro

1 comentario:

Casía dijo...

¿Donde queda la dignidad y etica de estas personas que se dejan comprar?Todo está podrido