martes, 7 de enero de 2014

Revitalizando o monte

A pesar de que dispomos de case 1.000 Has., a presenza de castaños no noso monte é testemuñal, salvo os que se plantaron na lexislatura de Patrón e o seu equipo. Da súa produción deron boa conta os porcos alí metidos.
Un pobo de Viana dedica seis hectáreas a plantar castiñeiros

A xunta de montes de Fradelo (Viana) iniciou os trámites para plantar 6 hectáreas de castiñeiros.

Confirmouno o seu presidente, Santiago Barja Barja, quen explicou que a plantación foi proxectada para os terreos comunais. 'Antes, fixemos dúas plantacións de piñeiros e arderon', dixo. Tamén resaltou as boas perspectivas que ten a produción de castaña.

No hay comentarios: