viernes, 20 de septiembre de 2013

O drama dos incendios


Os pirómanos non pensan nas consecuencias de provocaren un incendio tan preto das aldeas e casas? Ou será iso o que buscan a parte doutros supostos intereses ou ego persoal? En casos coma este, acontecido na aldea de Abuín (Baroña, Porto do Son) a Xustiza tense que manter implacable e de dar co autor ou autores, aplicarlles penas e sancións exemplares, se non estaremos sempre na mesma. E os políticos deberían deixar de buscar rendas cos incendios, porque agora podemos dicir alto e claro, que na oposición todos tiñan o remedio, porén á hora da verdade xa se ve o que pasa.

Pouca conciencia na xente! Sen ir más lonxe onte, presuntamente por culpa dunha queima, ata o momento totalmente prohibidas, un veciño provocou este incendio na aldea d'A Figueira: Un incendio arrasou máis dunha hectárea preto da aldea boirense da Figueira


Nota: Dada a privacidade en facebook do vídeo que encabeza a entrada, pode non visualizarse. Non é problema no seu navegador. Abran a seguinte ligazón, e poderian ollalo, sempre e cando compartan amizade coa persoa que o subeu:
http://www.facebook.com/photo.php?v=716408885041282

No hay comentarios: