martes, 18 de diciembre de 2012

Xa temos cárranchos!!!

Fotos: La Voz de Galicia e El correo Gallego

Consellería do Medio Rural e Mar: Rosa Quintana: "A explotación de porcino en extensivo representa unha clara opción na diversificación da actividade gandeira en Galicia"

  • A conselleira do Medio Rural e do Mar coñeceu hoxe (onte) en Porto do Son un proxecto deste tipo, impulsado pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta e os comuneiros do monte veciñal de Nebra

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou en Nebra (Porto do Son) o potencial das explotacións de porcino en extensivo como unha clara opción na diversificación da actividade gandeira, favorecendo deste xeito a posibilidade de rendas complementarias neste ámbito e evitando o despoboamento no rural galego. Así o mencionou na presentación do proxecto “Modelo de utilización e aproveitamento combinado no medio natural con minimización de impacto medioambiental baseado na retención por reflexos condicionados dos animais en extensivo”.

Esta iniciativa, levada a cabo pola Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta e os comuneiros do monte veciñal de Nebra (concello de Porto do Son), tivo dende o seu inicio unha clara orientación cara á produción, garantindo o correcto desenvolvemento da produción porcina extensiva nun entorno natural. Rosa Quintana eloxiou este proxecto que vai da man do Programa de Recuperación, Conservación e Fomento dos Recursos Zooxenéticos Autóctonos de Galicia en Perigo de Extinción. Un programa que recolle un conxunto de actuacións a desenvolver pola Consellería do Medio Rural e do Mar para promover a recuperación, conservación e fomento destes recursos.

Nesta mesma liña, o departamento que dirixe Rosa Quintana elaborou o Decreto polo que se desenvolven as normas básicas de ordenación das explotacións porcinas extensivas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións de Gando Porcino Extensivo na nosa Comunidade Autónoma. Deste xeito creáronse así as condicións necesarias para garantir o correcto desenvolvemento da produción porcina extensiva en Galicia, impulsando ao tempo o aproveitamento ordenado dos recursos produtivos naturais do medio rural e dando un pulo á raza autóctona Porco Celta. Os porcos celtas son animais con grandes posibilidades para a súa explotación en réxime extensivo-semiextensivo -como o proxecto que se presenta-, grazas á súa rusticidade. Deles obtéñense produtos de alta calidade e que axudan ao mantemento e control da biomasa vexetal.

Asoporcel

A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta -Asoporcel- é unha entidade de ámbito autonómico creada no ano 1999 para dar cabida aos criadores, desenvolver os programas de conservación e xestionar o libro xenealóxico da raza porcina “porco celta”. Na actualidade integra á totalidade dos propietarios de exemplares da raza, contando cun total de 319 ganderías.

A noticia na prensa:
La Voz de Galicia: A granxa de gando porcino celta de Nebra abre a porta a outras similares en Barbanza
El Correo Gallego: Porcos celtas que preveñen incendios nos montes de Nebra

Non é a miña intención corrixir aos periodistas posto que xeralmente recollen o que lles ditan, poren neste caso si que me vexo na obrigación de facelo, pois non é certo tal e como reflicte La Voz de Galicia que o proxecto nacese despois da visita á comarca do Deza. Así debía ser e así o fixeron as comunidades que nos acompañaron, nós, como ben dixen aquí, aprobámolo antes, daquela maneira.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Paco, non ten ke ver co tema. Ke eh eso de ke o dia 31 de decembro, despois das uvas van facer certos energumenos unha festa privada na casa de cultura.

Paco do Martelo dijo...

Non teño idea, nin escoitei nada. O que si teño claro é que se de verdade se tratase dunha FESTA PRIVADA, esta debería contar co visto e prace dos comuneiros e comuneiras. Ao contrario que as Casas de Cultura, que aínda sendo do pobo, son cedidas polos alcaldes, no caso dos locais das comunidades de montes, a súa cesión para actos privados ten que ser aprobada pola Asemblea Xeral.

Ninguén debe esquecer que se acontecera calquera percance, a comunidade podería ser declarada responsable civil subsidiaria.

Independentemente de que sexa privada ou publica, os organizadores tamén deben contar sempre con un seguro de responsabilidade civil.